En Andainas recóllense relatos breves clasificados en tres esferas. A primeira e máis extensa está relacionada co amor nas súas facetas máis diversas, como o amor de xuventude, o amor platónico, o amor romántico, o amor non correspondido, o amor ausente… A segunda esfera recompila narracións relacionadas con algunhas das actividades docentes que o autor compartiu e viviu intensamente cos seus pupilos ao longo da súa extensa, dilatada e gratificante etapa como educador. A terceira reúne historias diversas, algunhas reais e outras ficticias, que amosan problemáticas variadas, coma os movementos migratorios e mesmo temas relacionados coa vida e a morte. Un libro rico e suxestivo, de prosa grácil e reflexiva. Unha alfaia literaria.
Andainas
ISBN: 9788412491012
$21.000
Hay existencias