O sol, a lúa e a chuvia levan semanas sen deixarse ver pola selva e todo está envolto nunha longa noite. Os animais do bosque amazónico & x02014;diúrnos e nocturnos, que corren, voan ou nadan, que roxen ou grallan& x02014;, preocupados porque xa non recoñecen o seu fogar, emprenden unha viaxe para descubrir por que non amence. O texto poético e o emotivo tratamento da cor en & x0201C;Esperando o amencer& x0201D; son as ferramentas das que se serve Fabiola Anchorena para desenvolver esta necesaria chamada de atención ante a explotación e destrución que a Amazonia sofre desde hai décadas. Un álbum que tamén nos invita a reflexionar sobre os incendios forestais, un fenómeno que se acelerou nos últimos anos polos efectos do cambio climático e que desgraciadamente se converte en noticia cada verán.

ESPERANDO POLO AMENCER
ISBN: 9788413431772
$28.875
Hay existencias