Libro de homenaxe á Asociación de Defensa da Ría de Pontevedra, no seu ímprobo labor a prol dunha ría limpa de industrias contaminantes, dun ceo respirable na comarca de Pontevedra e dun dominio costeiro libre das agresivas actuacións que sufriu nas últimas décadas. Calros Solla traballa engordiño neste seu libro igual que traballa o gurgullo. Así como o coleóptero fura nos eucaliptos e co seu labor modesto pero constante é capaz de derrubar formidables exemplares desa especie invasora que alimenta o ventre insaciable das fábricas de celulosa, do mesmo xeito Solla inculca nas nosas mentes a necesidade de resistirmos e de reclamar que se saque da ría a industria que a contamina.

O orgullo do gurgullo
ISBN: 9788415166368
$21.000
Hay existencias