A festa do Corpus Christi de Redondela -popularmente Festa da Coca en alusión ao seu dragón procesional- é hoxe a máis orixinal de cantas se celebran en Galicia. As manifestacións relixiosas e profanas desta celebración, cuxa memoria no tempo José González Crespo achega ata o século XVI, merecen – pola súa antigüidade e peculiaridade- a consideración de patrimonio cultural de Galicia. Este libro propón un recorrido pola Historia do Corpus de Redondela a través das súas figuras máis características e o seu vestiario: A Coca, as Penlas, a Danza de Espadas, o Choqueiro e o Centulo, os Xigantóns…, e outras xa desaparecidas, que conforman unhas tradicións case únicas perdidas hai moito tempo no resto de Galicia.

(g).corpus christi en redondela.(memoria visual)
ISBN: 9788476806081
$78.750
Hay existencias