Este libro, O CAMIÑO, do Cebreiro a Santiago, nace para celebrar trinta anos de andaina dos Premios da Crítica, unha experiencia pioneira da sociedade civil baseada, arremedando a milenaria do Camiño de Santiago, na pluralidade, na tolerancia e nos valores que nos identifican como galegos. As colaboracións, que conforman poliedricamente as vivencias, sentementos e ideas do colectivo que realizou este camiño en abril de 2.007, pretenden aportar ledicia e estética a este itinerario vertebrador de Europa en vísperas do comezo doutro Ano Santo, o Xacobeo de 2010. No decir de Basilio Losada, o decano e o máis experto dos caminantes, o Camiño hai que entendelo sobre tres eixos: a paisaxe, a arte e a xente. No caso que nos ocupa, son as xentes todas aquelas que están no camiño, as que moran e as que van in itinere, que son as que conforman o miolo desta enriquecedora e inesquencible experiencia.
O camiño do cebreiro a santiago
ISBN: 9788476806562
$26.250
Hay existencias