A presente obra reúne, en versión actualizada, os contidos dos tres volumes que inauguraron hai máis dunha década a colección Ãlga e que intentaban achegar unha visión do cultivo literario nas terras asturianas de expresión galega. A historia do galego escrito no occidente de Asturias garda un claro paralelismo con Galicia. Tan só coa implantación do Estado das AutonomÃas comezan a marcarse sensibles diferenzas entre as dúas comunidades. Basicamente, por non se contemplar na primeira a normalización do galegoasturiano. Por máis que o Rexurdimento se consolide no século XIX (RosalÃa de Castro, Eduardo Pondal, Curros EnrÃquez…), non triunfa con autores galegoasturianos ata principios do XX. Fitos significativos foron A Veiga de Ribadeo (1913) de AntolÃn S. Mediante, Amarguras dun viaxe (1920) de Ramón GarcÃa González e Un feixe de tapiegadas. Pasillo en dialecto tapiego en un acto y en prosa (1921) de Conrado Villar Loza. O primeiro, co galego común como referente e, os outros, usando as falas vilegas de Castropol e Tapia, respectivamente. Cen anos despois, mantéñense os dous criterios: persoas que utilizan o material lingüÃstico común e persoas que rexistran só formas locais. A iso únese a ortografÃa. Hai quen ten como referente as normas da Real Academia Galega, quen prefire as da Academia de la Llingua Asturiana, quen segue modelos lusistas e quen se decanta por unha opción persoal, ignorando calquera proposta estandarizadora. Malia esta situación, é máis o que nos une a todos ca o que nos separa e a vestimenta gráfica non borra a galegoasturianidade, un aspecto cohesionante para termos en conta á hora de defender unha lingua cunha chea de factores en contra para a súa existencia.


LITERATURA GALEGOASTURIANA
ISBN: 9788481589696
$30.000
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | Bolsillo |
Editorial | Servizo De Publicacións Da Universidade De Vigo |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit