O presente ?breviario? pretende ser, ante todo, unha reflexión crÃtica sobre o significado profundo da tradución literaria en claro e polémico contraste de partida coa tradución de tipo técnico ou instrumental. Tras unha longa introdución reflexiva sobre o alcance e mailo valor da tradución da literatura, ofrécese un percorrido polas definicións de ?tradución que se foron desenvolvendo ao longo da historia ?divididas en dúas grandes épocas, dende a Antigüedade ata a Ilustración e dende o século XIX ata a actualidade-, continuando cun pequeno repaso aos grandes paradigmas teóricos actuais sobre a tradución, aÃnda que partindo dun profundo escepticismo sobre a utilidade real da teorÃa á hora da práctica real. Finalmente, tras unha ollada ao modo de ensinar tradución nas universidades rematamos cun decálogo lúdico de consellos prácticos para traducir literatura.

A TRADUCION LITERARIA
ISBN: 9788481589825
$8.750
Hay existencias