O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado que só se pode manter viva gracias á práctica da liturxia; e sobre todo gracias á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Somentes o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Edade Media.O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e a veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos.Neste libro pode verse un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo de eses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación , e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como regalos.Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, nos casos dos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Santiago, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns dos reinos europeos, como Xosé de Arimatea, protector de Inglaterra, Andrés, apóstolo e patrón de Escocia e María Magdalena, a patrona de Francia que recibiu culto en Vezelay e na Provenza, ata chegar á Revolución Francesa.


OS SANTOS DAS NACIONS
Autor: Barrera Bermejo,jose Carlos
ISBN: 9788484875116
$40.162
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Editorial | Edicións Laiovento |
Idioma | |
Número de páginas | 286 |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit