Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: Bum, Bum . O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza. Animalia é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, Animalia 1. Verde , localizada na selva; a segunda, Animalia 2. Branco , no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos. Animalia constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.

Animalia 1. Verde
ISBN: 9788491213857
$24.412
Hay existencias