Achegábase o final do verán, a terra estaba seca e os froitos escaseaban. Entón Rato atopou un garavanzo e pensou que podería preparar un bo guiso, pero un tropezón inesperado e, máis tarde, unha divertida cadea de sucesos entre os habitantes do campo, fixeron desaparecer o seu pequeno tesouro. Pasou o inverno; Coa chuvia e o sol da primavera, o campo encheuse de flores, froitos… e amigos especiais cos que celebrar e compartir a colleita. Un álbum con fermosas imaxes nas que podemos observar os cambios de estación e a súa influencia nos seres vivos. Un eloxio á Natureza, aos ciclos da vida e á harmonía dos habitantes da terra.

A colleita de ratiño
ISBN: 9788498716740
$27.825
Hay existencias