{"product_id":"coplas-analfabetas","title":"Coplas Analfabetas","description":"\u003cp\u003eCoplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia. A obra estrutúrase en dúas partes: «Coplas analfabetas e revolucionarias», que denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares, e «Coplas de vida trala morte», cunha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia. No eido literario, a obra bebe da tradición rosaliana e conta cun limiar de Anxo Angueira. No que atinxe á musica, baixo a coordinación de Eugenia Sanmartín, reúne destacadas voces da escena galega, como Barahunda, Davide Salvado ou Carmen Penim, que adaptan as coplas á sonoridade contemporánea. No referido á parte plástica, a obra de cuberta e interiores pertence á pintora María do Carme Quinteiro Alonso. Máis aló do seu valor estético, Coplas analfabetas é un proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural galego, é un canto á memoria e á identidade, unha homenaxe á palabra transmitida de xeración en xeración e unha aposta pola cultura galega como espazo de creación, reivindicación e futuro.\u003c\/p\u003e","brand":"Elvira","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51414006595863,"sku":"9788412992151","price":48000.0,"currency_code":"ARS","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0951\/5188\/2519\/files\/978841299215.jpg?v=1759348793","url":"https:\/\/libroide.ar\/products\/coplas-analfabetas","provider":"Libroide Argentina","version":"1.0","type":"link"}