Asistimos, aínda con incredulidade, a un proceso de desmantelamento do servizo público de educación a través dunha acción política que combina a aplicación de medidas de restrición económica con propostas normativas de carácter contrarreformista. Aqueles axustes aparentemente coxunturais revélanse omo elementos primarios dunha mudanza estrutural no ámbito da educación, que pon en perigo os dereitos e as aspiracións da cidadanía nun horizonte de maior xustiza social.
Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao paso con datos e argumentos que cuestionen as accións e o discurso dominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta non só defensiva, ao pairo do que vén -ou da que está caendo- senón co propósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunha liña propositiva e aberta ao debate educativo e social.
Na balbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa da envergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadas mudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, as distintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foco naqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da acción contrarreformista.
Trátase dunha obra colectiva que pretende axudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol da conquista democrática que representa a educación pública.

A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADURÍA?
ISBN: 9788484872788
$28.000
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit