Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci
escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto
no movemento obreiro Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci
escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto
no movemento obreiro en xeral como no pensamento marxista
en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e
superficial. Gramsci, nos seus apuntamentos dedicados aos intelectuais
e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente
baixo o título de Os intelectuais e a organización da cultura,
inscribe a estes no lugar que lles corresponde no complexo
mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo
da produción.
Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci
rehabilítao e dá a entender que a noción xeral do intelectual
só pode ser funcional: todos os homes son intelectuais aínda
que non realicen na sociedade a función de intelectuais.
Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí
que o pensador italiano propoña unha división do intelectual
en graos: do alto intelectual (os creadores das diversas ciencias,
da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía
dominante) aos pequenos intelectuais ou intelectuais subalternos:
os administradores máis humildes, os divulgadores da
riqueza intelectual xa existente, tradicional, acumulada, coa
engádega de toda unha capa intermedia de intelectuais que
aínda sendo cualificados de improdutivos, aproveitan a súa
posición privilexiada para facerse asignar unha parte enorme
da renda nacional. Todo este amplo grupo conformaría os
transmisores da ideoloxía dominante.en xeral como no pensamento marxista

transmisores da ideoloxía dominante.

OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA
Autor: Antonio Gramsci
ISBN: 9788484874195
$35.000
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit